Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo estuda a creación dunha comisión de axudas pola covid-19

Por 24 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello do Vicedo comunicou que estudará no Pleno a creación dunha comisión para crear as bases para dar achegas aos sectores afectados
pola covid-19.

O alcalde, Jesús Novo, dixo que “tratarán de engadir unha partida no orzamento municipal con esa finalidade, sobre todo pensando nos autónomos e de cara ao 2021”.

Na sesión plenaria tamén se debatirá unha moción dos socialista para instar a Xunta de Galicia a retomar a atención primaria presencial, así como, abrir un proceso de recuperación dos profesionais perdidos nos últimos anos e poder garantir a cobertura e substitucións nos centros de saúde.