Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Soben lixeiramente os casos activos de covid na provincia

Por 24 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Soben lixeiramente os casos activos de covid na provinciaOs casos activos na provincia volven subir esta xornada lixeiramente, son 11 máis, para reaxustar, como todos os martes, as cifras da fin de semana.

Este dato vén dado polos 60 novos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas e as 50 altas, que deixan o total de persoas recuperadas da covid en 4.763. Mantense tamén a cifra de falecidos en 117.

Poucos cambios tamén na presión hospitalaria, que baixa nunha persoa con 7 na UCI do Hula, os mesmos que onte, e 40 repartidos nos diferentes hospitais públicos. N0 centro de Lugo hai 22 persoas (catro menos), na Mariña son 11 (3 máis) e Monforte mantense con 7 hospitalizados.

No volumen de casos por Concellos, Vilalba segue ocupando o mair número de contaxios con preto de 200 casos activos xunto a Lugo que supera os 300. Tamén preocupa a situación en Sarria e Chantada.

Na residencia de maiores de Vilalba, onde finalmente hai 117 usuarios afectos e 19 traballadores, a situación é de tensa calma xa que a maior parte dos afectados están asintomáticos ou con síntomas moi leves. O centro foi intervido pola Xunta de Galicia e aínda non se deron ingresos, temeroso de que a situación poida empeorar.