Skip to main content
ActualidadeBurela

A Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

 Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto A Aula Cemit de Burela organiza un novo curso en liña gratuíto denominado Ofimática na nube: Google Drive.

Os asistentes aprenderán a forma de crear e xestionar dunha maneira correcta todos os documentos que se necesitan para o uso da xestión ofimática na nube de Google. Deste xeito poderán converterse en profesionais do sector xa que adquirirán os coñecementos necesarios para manexar unha ferramenta tan demandada actualmente como é Google Drive.

O curso desenvolverase do 27 de novembro ao 23 de decembro.

As persoas interesadas en acudir poden anotarse chamando á Casa da Xuventude: 982 581 141. Este curso é impartido por Academia A Mariña.