Skip to main content
ActualidadeBurela

A casa da cultura de Burela acolle un espectáculo sobre o cambio climático

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

A casa da cultura de Burela acolle, o sábado 28, un novo espectáculo que busca concienciar a poboación sobre o impacto do cambio climático. A obra, titulada As Fillas Bravas e o mito de Casandra, ía ser presentada inicialmente no mes de maio, pero foi adiada debido á crise da Covid-19. Agora, despois despois destes duros meses de confinamento, desescalada e adaptación, Chévere artellou esta nova peza que expresa con contundencia a preocupación polo planeta destas tres mulleres de aldea.

A representación terá lugar ás 20:30 horas.  A taquilla abrirase ás 19:30 horas, ao prezo será de 4 euros.

O espectáculo

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.

As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E, por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininos empoderados, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.