Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello de Viveiro fixo entrega de máscaras a familias en situación de vulnerabilidade

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro fixo entrega de máscaras a familias en situación de vulnerabilidadeO Concello de Viveiro fixo entrega no día de hoxe, 25 de novembro, de máis de 2.000 máscaras a familias en situación de vulnerabilidade. Concretamente, entregáronse 1.500 mascarillas de adultos e 600 infantís.

O Concello de Viveiro entregou este material durante o reparto de alimentos que, en colaboración con Cruz Vermella, se vén realizando quincenalmente, no que estivo presente a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Con esta entrega de mascarillas, o goberno municipal quere axudar a estas familias, facilitándolles material de protección e prevención contra a COVID-19. Esta iniciativa súmase a outras propostas xa realizadas polo Concello de Viveiro de apoio aos máis vulnerables dende o inicio da pandamia. Entre estas iniciativas anteriores, inclúese por exemplo a creación dun Plan de Reactivación Económica no que, entre outras cuestións, se incrementou a partida destinada a Servizos Sociais.