Skip to main content
A PontenovaActualidade

Os Contacántigos aterrizan na Pontenova coa obra ‘Os Trotasongs’

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

Os Contacántigos aterrizan na Pontenova coa obra 'Os Trotasongs'Para o vindeiro sábado 28 de novembro haberá unha nova cita na Pontenova ás 17.00 horas, esta será un microconcerto para todas as idades.

A entrada é libre ata completar a cabida e estará a cargo de Contacántigos e a súa obra Os Trotasongs ¡Gardacostas de cancións!

Unhas misteriosas persoaxes que se fan chamar os Trotasongs, aparecen en escena na súa nave, a Trotaceos, para compartir co público o seu máis preciado segredo: A maxia da maleta na que gardan as cantigas que recollen nas súas viaxes a través do tempo e do espazo.

Comparten con nenos e maiores as súas experiencias de cada viaxe e mostran as cantigas e danzas de cada lugar do mundo: as aventuras cos indios americáns e a primeira muller xefa da tribo, a recoñecida “Vaca Deitada”; a viaxe ao mar do Brasil cun interesante e sabio mariñeiro; A intrépida e movida viaxe a Alemania, e taaantas outras aventuras.