Skip to main content
ActualidadeViveiro

Levantan as restricións en Viveiro

Por 27 Novembro, 2020Sin comentarios

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia relaxou, como estaba previsto, as restricións en seis concellos galegos, incluído o de Viveiro, tal e como pediu a súa alcaldesa, María Loureiro. Esta medida estivo avalada polos datos que indican que hai uns 20 casos activos aínda que só se detectou un positivo nos últimos sete días.

O levanto das restricións implica que se levanta o peche perimetral e parte das limitacións á hostalaría polo que poderán reabrir as súas terrazas cun aforo do 75% deixando o interior no 50%. Deste modo, entraría no grupo 2 de alertas coas súas restricións correspondentes.

Esta decisión estivo a piques de tomarse na reunión do martes pero decidiron esperar ata o venres para asegurar o crecemento negativo deste concello mariñao.