Skip to main content
ActualidadeAlfozBurelaO ValadouroRiotortoXove

Varios concellos organizan videochamadas con Papá Noel e cos Reis Magos

Por 28 Novembro, 2020Sin comentarios

Varios concellos organizan videochamadas con Papá Noel e cos Reis MagosOs concellos de Alfoz, O Valadouro, Burela, Xove, Cervo e Riotorto veñen de comunicar que están a organizar videochamadas con Papá Noel e cos Reis Magos, dirixido aos nenos dos municipios.

O rexistro pode facerse dende a web  www.nadal2020.es na que haberá que rexistrarxe con nome, datas e teléfono.

A partir da vindeira semana comenza o prazo para rexistrarxe na plataforma e organizar as videochamadas.

As inscricións para Papá Noel son do 25 de novembro ao 17 de decembro e para os Reis Magos do 25 de novembro ao 29 de decembro.

Se algún pai ou nai non ten wasap e non pode recibir a videochamada, deberán chamar ao teléfono de información da plataforma 641 585 245, e dende ese teléfono facilitaranlle a ese pai ou esa nai a maneira de que o neno poida falar con Papá Noel ou cos Reis. En todos os casos, a reserva de cita pode ser para Papá Noel, para os Reis Magos ou para ambos. Este servizo é de carácter totalmente gratuito para as familias.