Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O velatorio familiar de Alcoa visibilizou o impacto do ERE na Mariña

Por 28 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O velatorio familiar de Alcoa visibilizou o impacto do ERE na MariñaO comité de empresa de Alcoa organizou un “velatorio familiar” hoxe sábado 28 de novembro para seguir facendo visible a súa situación e as súas reivindicacións.

Así, colocaron diante da entrada da factoría cervense un monolito similar ao que fai 40 anos inauguraron os Reis Don Juan Carlos e Dona Sofía e a súa beira cen cruces das mil que teñen previsto colocar nas vindeiras semanas en diferentes lugares da provincia lucense.

Cada cruz colocada representa a un dos traballadores que podería quedarse sen emprego se o ERE segue adiantes, xa que 534 serán empregos directos e outros tantos serán das auxiliares.

Tamén instalaron ás portas da fábrica unha chimenea, réplica da do complexo de Aluminio, coa cara de aquelas persoas que participaron nas mobilizacións.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, “non podemos baixar os brazos, agora estamos chegando case o final do camiño, e o vindeiro día 3 demostraremos no xuízo que é unha auténtica locura aplicar un ERE a esta plantilla xa que xamais estivo o Alumninio en tan boas condicións nestes últimos tres anos”.

Neste velatorio participaron veciños e traballadores en apoio aos empregados e á intervención da fábrica cervense, portando cirios e luces para o casco así como cruces.