Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Mondoñedo acolle en decembro as XIII Xornadas Abrindo Camiño 2020

Por 29 Novembro, 2020Sin comentarios

Mondoñedo acolle en decembro as XIII Xornadas Abrindo Camiño 2020O Concello de Mondoñedo acolle en decembro as XIII Xornadas Abrindo Camiño 2020 que serán no auditorio Pascual Veiga.

Comezarán o sábado 5 ás 19 horas coa presentación, coloquio e agasallo aos asistentes do Caderno-xonral Mondoñedo na memoria e despois un concerto a cargo de Louband Street que dará comezo ás 19.45 horas..

O domingo 6 ás 18 horas no pazo de Santomé será a clausurá da mostra fotográfica de Josequín Miláns del Bosch e escultórica de Juan Puchades, Pedro Díaz, Lola Tourón e Alberto Geada. Tamén será a presentación e proxección do documental O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns, realizado por Illa Bufarda, contará con acompañamento musical do palleteiro Rubén Carrera e Ron Arenas.

O martes 8 ás 19 horas presentaranse os libros No Baleiro dunha Soidade e Unha viaxe polo Camiño do Norte que nos leva a Compostela, obras de Mero Iglesias Dobarrio. E máis tarde, ás 19.45 horas será o concerto de A Quenlla.