Skip to main content
ActualidadeBurela

Animan aos veciños a participar na campaña ‘Ilumina Burela polo Nadal’

Por 1 Decembro, 2020Sin comentarios

A Asociación de veciños O Vencello, Acia Burela e a Asociación Cultural Burela Floral animan aos veciños de Burela a participar na iniciativa “Ilumina Burela polo Nadal” que pretende impulsar a vila a ilusión e a esperanza destas datas mediante o engalanado de balcóns, fachadas, fiestras, portais, etc… con motivos do Nadal neste ano marcado polas restricións derivadas da covid-19.

Ao tempo de dar cor e ledicia nas rúas do pobo, esta iniciativa pretende ser tamén unha mostra de apoio de todos os veciños e veciñas de Burela ao noso comercio local e hostalería nestes momentos no que están a verse especialmente castigados por mor da pandemia.

“Si por algo se ten caracterizado sempre Burela é precisamente polo seu carácter solidario. Por iso, estamos convencidos de que a nosa proposta será ben recibida polos veciños e agardamos que nos vindeiros días a nosa vila mude a súa faciana con cores e motivos de Nadal que nos axuden a todos a pasar estas datas máis alegres, felices e solidarias”, din den os tres colectivos.