Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

Daniel Trigo incorpórase ao Ría de Foz

Por 1 Decembro, 2020Sin comentarios

O Club de atletismo Ría de Foz comunicou a incorporación  de Daniel Trigo, nado en Ferreira do Valadouro en 1985. 

Este atleta valadourés é un vello coñecido do mundo do atletismo mariñao e lucense e a súa bagaxe atlética conta cun extenso número de probas realizadas ao longo da xeografía galega, nas que se inclúen vitorias e podios. 

Despois de facer fronte a máis dunha lesión, Daniel volve con máis ganas ca nunca ao circuíto competitivo. Centrarase, especialmente, nas probas de medio maratón e maratón pero sen perder de vista calquera das probas de ruta ou cross.

Desde o Ría de Foz “aledámonos moito de que Dani escolle as nosas cores para calzar as zapatillas. Coa súa incorporación, gañamos un gran atleta e unha persoa moi preparada no campo do adestramento atlético”.