Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Lourenzá pide adicar a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas

Por 1 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Lourenzá pide adicar a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas de 2021O Concello de Lourenzá vén de aprobar por unanimidade dos tres grupos solicitar a Real Academia Galega que se adique a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas de 2021.

Francisco Fernández del Riego, Don Paco para todos os laurentinos, naceu en Vilanova de Lourenzá, o 7 de xaneiro de 1913. Foi un escritor, intelectual e político que desenvolveu dende a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura e da lingua Galega.

Así, cumpridos os dez anos do pasamento, o 21 de novembro de 2019, o Pleno do Concello aprobou unha moción na que se solicita a Real Academia Galega que se adique o día das Letras Galegas de 2021 a Francisco Fernández del Riego e que se celebren en Lourenzá os principais actos dese día.