Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Feijoo anuncia as novas medidas do proceso de desescalada

Por 2 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, avanzou as novas medidas que afectarán a Galicia a partir a partir das 0.00 horas do venres, cando dará comezo o segundo proceso de desescalada, que implicará a apertura da hostalaría con restriccións, a recuperación da mobilidade entre concellos e as reunións con non convivintes.

Avanzou que haberá catro niveis da alerta. Na provincia de Lugo en máxima alerta están Vilalba e As Pontes mentres que a nivel medio alto segue Lugo e no medio Burela.

O presidente da Xunta avalou para estas decisións a tendencia á baixa pronunciada que está a vivir Galicia, onde hay 6.537 casos activos, 109 menos que hai 24 horas. Deses, o 0,9% dos infestados están en UCI e baixa en 28 persoas o número de hospitalizados xa que o 94,3% están pasando a enfermidade na súas casas. A estas cifras hai que engadir a negatividade do número de falecidos, que son xa 1.221 en toda Galicia dende o mes de marzo.

Feijoo valorou positivamente a situación e evolución no mes de novembro dende que se impuxeron as medidas restritivas o 7 de novembro. Baixaron un 25% os casos de coronavirus e un 30% en incidencia acumulada a 14 días. Ademais, en relación ao resto de España, Galicia é a cuarta con menos incidencia a 7 e 14 días e a de menor porcentaxe de ocupación de UCI  e a segunda no grao de hospitalización en planta.

“A tendencia é mellor que hai un mes, pero a preocupación continúa e a situación non é homoxénea”, di Feijoo, que engadiu que haberá catro niveis de alerta con diferentes opcións para os concellos. Todas as medidas entrarán en vigor na medianoite do venres ao sábado.

MEDIDAS

As principais medidas son:

  • Permítese a interacción social entre non convivintes cun máximo de 4 ou 6 persoas, dependentes de cada zona
  • Ábrese a hostalaría pero con limitacións.
  • A mobilidade queda restrinxida con Portugal ata o próximo día 9 pero na interna pérmitese con liberdade agás nos concellos que están en máxima alerta.
  • Non hai cambios nos comercios co aforo ao 50%
  • O transporte público seguirá igual
  • O horario nocturno manterá o toque de queda nas 23.00 horas.

Quedan establecidos catro niveis para a desescalada da hostalería para catro diferentes niveis de alerta.

  1. Nivel de alerta máxima: seguirase o modelo coñecido como Carballiño coa apertura da hostalaría só en terrazas con aforo ao 50% ata as 17.00 horas e cun máximo de 4 persoas. Prohibida a mobilidade co resto de concellos. Neste nivel está agora mesmo, na provincia de Lugo, Vilalba e As Pontes, na provincia da Coruña.
  2. Nivel de alerta medio-alto. Apertura da hostalaría ao 30% no interior e un 50% no exterior. Poderán reunirse ata 4 persoas convivintes ou non convivientes e ata as 17.00 horas. Nesta situación atópase a cidade de Lugo.
  3. Nivel medio. A hostalaría poderá estar ao 40% no interior e do 50% no exterior ata as 23.00 horas e con agrupacións de 6 convivintes ou non convivintes como máximo. Nesta situación está Burela.
  4. Nivel básico. Hostalaría aberta 50% no interior e 75% no exterior, ata as 23.00 horas e con agrupacións de 6 convivintes ou non convivintes como máximo. O resto da provincia está neste nivel.

O presidente lembrou a necesidade de seguir mantendo as precaucións en especial en Galicia onde o grao de inmunidade é menor que no resto do Estado.

Respecto ao Nadal avanzou que esperan lograr unha medida unánime para aplicar a toda España pero que dependerá da evolución da pandemia ata esas datas polo que aínda non está listo un plan definitivo.

OS ÚLTIMOS DATOS

A provincia de Lugo rexistra hoxe 24 casos activos menos que onte e xa son 911. Este dato vén condicionado coma sempre polos 37 novos positivos e polas 62 altas das últimas 24 horas. Figuran tamén dous novos falecementos, dúas usuarias de residencias, unha de Guntín e outra de Vilalba. Deste xeito hai xa un acumulado de infectados de 6.318, 5.281 curados e 125 falecidos.

Descende tamén a hospitalización con 9 persoas menos nos hospitais da provincia. Baixa en un os ingresados na UCI, que agora son 2. Descende taménna planta do Hospital de Lugo, onde hai 22 (6 menos), 4 no Hospital da Mariña (dos menos) e 4 no de Monforte (os mesmos).

Por concellos, a situación segue á baixa. Os dous concellos que quedaban en alerta, están sen novos positivos. Así Burela baixa a 13 (13 menos que onte) e Foz a 22, 4 menos que onte.