Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurelaFoz

Mellora de novo o balance provincial con Burela e Foz á baixa

Por 3 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo rexistra hoxe un novo descenso de casos activos, 26 menos que onte e xa son 885. Este dato vén condicionado coma sempre polos 31 novos positivos e polas 58 altas das últimas 24 horas. Figuran tamén un novo falecemento. Deste xeito hai xa un acumulado de infectados de 6.351, 5.339 curados e 126 falecidos.

Descende tamén a hospitalización con 2 persoas menos nos hospitais da provincia. Mantéñense 2 na UCI e 21 no Hospital de Lugo (un menos), 3 no Hospital da Mariña (1 menos) e 3 no de Monforte (1 menos). Tamén se incorpora un paciente no Polusa de Lugo.

Por concellos, a situación segue á baixa. Os dous concellos que quedaban en alerta, están sen novos positivos. Así Burela baixa a 12 (1 menos que onte) e Foz a 21, 1 menos que onte tamén.