Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXALourenzá

A piques de rematar as obras do campo de Santa Cruz no Concello de Lourenzá

Por 5 Decembro, 2020Sin comentarios

A piques de rematar as obras do campo de Santa Cruz no Concello de LourenzáO campo de herba artificial en Santa Cruz no Concello de Lourenzá está case a piques de ser rematado. Están financiadas en base a un convenio inter administrativo de cooperación cos Deputación de Lugo por un importe de 254.000 euros.

Estas obras servirán para favorecer a práctica deportiva dos máis de 100 rapaces de distintos equipos e categorías que usan estas instalacións a diario.

Os traballos, que se están levando a cabo actualmente, consisten no movemento de terras e escavación en baleirado para a instalación do firme e dos pavimentos; drenaxe con canaletas nos laterais do campo, tubaxes de PVC e arquetas de fábrica de ladrillo, e  bordos de formigón nos fondos do campo. En canto á pavimentación, esta levará un tratamento superficial de base herbicida e base de zahorra artificial de 20 cm.

Así mesmo, dotarase dunha rede de rego con aspersores emerxentes, depósito prefabricado enterrado de 20m3 e un grupo de bombeo. Por último, instalarase unha estrutura para balóns de 6ms de altura e 4 picas de córner. As obras estarán rematadas a finais de novembro.