Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A covid continúa co seu descenso de casos na provincia

Por 12 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A covid continúa co seu descenso de casos na provinciaA provincia de Lugo segue polo camiño de control da pandemia coa reducción dos casos activos. De feito, este sábado son 26 casos menos (onte foron 20 menos) o que supón un total de 545. Este dato vén condicionado coma sempre polos 18 novos positivos (onte houbo 25) e polas 45 altas das últimas 24 horas (onte foron 43). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.596 e 5.911 curados.

Mantense polo tanto unha clara tendencia continúa á baixa de casos positivos e tamén de novos contaxios, mentres se mantén un número de altas estable. Por outra banda, seguen a ser 139 os que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización sobe, pola contra en dúas persoas. Seguen na UCI do Hula catro persoas ingresadas mentres en planta deste centro hai 17 (3 máis). Hai tamén 4 no da Mariña (1 men os que onte) e no de Monforte.

Por concellos, Vilalba recupera algo de folgos na incidencia acumulada e sitúase en 47 nos últimos 14 días cando onte era de 73. Cospeito volve aos 20 (un menos); e Castro baixa tamén 1 con 14 contaxiados nesta quincena.

Por concellos, na Mariña o Sergas informa que ningún concello tivo máis de 9 casos positivos novos nos últimos quince días. Ademáis, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.