Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O Observatorio Mariña Pola Igualdade organiza a ARTEterapia feminista

Por 13 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Observatorio Mariña Pola Igualdade organiza a ARTEterapia feministaO Observatorio Mariña Pola Igualdade organiza para o día 19 de decembro ás 16.30 horas unha acción formativa terapéutica de pintura en tea.

Neste encontro pintarase unha máscara e poñerase voz a textos escritos. Esta actividade será en diferentes concellos mariñaos, en Barreiros no salón de actos do centro sociocultural, en Cervo na aula de formación do Concello e en Xove na aula de formación municipal.

Para participar é necesario inscribirse por whatsapp coas diferentes persoas en cada Concello. En Barreiros con Inma no 699 191 904, en Cervo con Luz no 679 981 291 e en Xove con Rosa no número 696 217 018.