Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurela

Mantense á baixa a incidencia do virus na provincia

Por 14 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Tras unha fin de semana de novas baixadas, a provincia de Lugo acada os 486 casos activos de covid-19 cunha baixada de 59 dende o sábado. Este dato vén condicionado coma sempre polos 18 novos positivos e polas 102 altas dende o sábado. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.639 e 6.013 curados. Por outra banda, seguen a ser 139 os que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización agrávase polo aumento de persoas na UCI. Xa son 6 os ingresados nesta unidade, dous máis que o sábado. Pola contra descenden os ingresados en planta. No Hula hai 12 (5 menos que o sábado), r4 no da Mariña (os mesmos) e 5 no de Monforte (un máis).

Por concellos, na Mariña o Sergas informa que só Burela sobe do 9 casos positivos novos nos últimos quince días, con 11. Ademáis, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.

GALICIA

A comunidade galega rompeu este luns coa dinámica á baixa da pandemia nas últimas semanas ao experimentar un leve repunte dos casos activos por covid-19 ata os 5.560, 39 máis en comparación co anterior reconto, tras reportar 371 novos positivos, 25 menos que o domingo.

Tamén empeorou a súa estatística de presión asistencial, ao contabilizar 310 persoas hospitalizadas en planta, 13 máis que o domingo, e 55 en unidades de críticos, tres máis.

As áreas sanitarias da Coruña e Ferrol son as que máis subiron con cifras de crecemento positivas.

Santiago sumou 952 casos activos, 47 máis que o domingo, tras reportar 70 positivos, tres menos; Ourense foron 452 casos activos (+28), tras 36 positivos (-8); e Ferrol contabilizou 563 (+30) tras 48 novos (+22).

A área de Vigo segue sendo a que máis casos activos acumula, con 1.304, aínda que son 13 menos en comparación cos datos publicados o domingo, tras contabilizar 47 PCR positivas, 51 menos. A Coruña, a pesar de notificar 61 PCR positivas, 20 máis, reduciu a súa incidencia acumulada a 955 casos activos, 38 menos.

Os mellores datos déronse nas áreas de Pontevedra, con 43 PCR positivas (-20) e unha incidencia acumulada de 848 (-3), e Lugo.