Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O Concello de Ribadeo realiza obras de mellora no parque infantil do Xardín

Por 15 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo realiza obras de mellora no parque infantil do Xardín. Vanse prolongar ata mediados do vindeiro mes de xaneiro. Crearase unha zona máis ampla de xogos, que inclúe unha pista multideporte, ademais de novo acolchado e novo peche. O investimento ascende a 50.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, visitaron a zona.

O edil de Deportes contou que “imos ampliar esa zona de xogos cunha obra de mellora. Imos dotala con varios xogos máis. Vai levar as súas proteccións, o seu acolchado e o seu peche perimetral”.

Jorge Díaz explicou que “era un lugar que carecía de máis amplitude para os nenos e nenas desa zona. A obra estará rematada aproximadamente a mediados de xaneiro de 2021. O investimento é de algo máis de 50.000 euros”.

O concelleiro ribadense dixo que “contamos que esa zona sexa un pouco máis atractiva para que os nenos e nenas teñan unha zona de esparexemento máis ampla, máis cómoda e con máis variedade de xogos”.