Skip to main content
ActualidadeBurela

Este sábado farán unha alfombra floral de Nadal en Burela

Por 17 Decembro, 2020Sin comentarios

A asociación cultural BurelaFloral confeccionará este sábado unha pequena alfombra de Nadal na praza do Concello de Burela, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, en caso de non ser así, a alfombra trasladarase aos soportais da casa da cultura. O comezo da elaboración esta previsto  arredor das 12 do mediodía e sempre respetando estrictamente as medidas de seguridade e distanciamento fronte ao covid-19.

A alfombra estará exposta durante a fin de semana e ata que o tempo o permita. A alfombra de Nadal, entra dentro da actividade da coordinadora internacional de entidades alfombristas que leva como titulo Luces en Navidad. O deseño da alfombra fai un guiño á vida mariñeira que volta á casa polo Nadal, e farase en apoio ao comercio local e á hostalaria nestes tempos complicados para todos.

Con esta actividade a asociación pretende felicitar as festas a todos os veciños de Burela.