Skip to main content
ActualidadeCervo

O Callo Fest de Cervo fai unha recollida solidaria

Por 17 Decembro, 2020Sin comentarios

O Callo Fest de Cervo fai unha recollida solidariaDebido á imposibilidade de realizar a cuarta edición do Callo Fest, este ano decidiron cambiar as baterías por paquetes de lentellas e as guitarras por xoguetes.

Este sábado estarán na Casa da Cultura de San Cibrao para recoller agasallos e comida non perecedoira que axuden ás familias nestes momentos tan complicados.

Non queren que ningún pequeno se quede sen agasallo este Nadal, e estamos seguros de que ti tampouco. “Se tés algún xoguete na casa que non utilices tráeno este sábado. Tamén estaremos encantados de recibir alimentos non perecedoiros que entregaremos ás familias máis necesitadas”, din dende o Callo Fest.

Esta acto solidario será o sábado 19 de 10 a 14.30 horas e ademais entre todas as persoas participantes sortearán o chuvasqueiro do Callo Fest.