Skip to main content
ActualidadeBarreirosDeportes AMARIÑAXA

Xa está aquí o evento deportivo virtual, MaisKmsBarreiros

Por 17 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Xa está aquí o evento deportivo virtual, MaisKmsBarreiros,Xa está aquí, MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual que se celebrará entre os días 21 e 31 de decembro e que vai sacar o maior potencial solidario das persoas nestes tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.

O evento reta a todas as persoas inscritas a percorrer un total de 6.000kms entre todas as persoas que participen camiñando, correndo ou andando en bicicleta, destinando a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social da poboación do Concello de Barreiros como a alimentación, o roupeiro, para material escolar, etc.

Ademais, se o reto se conseguise, no sorteo que se realizará ao final do evento entregaranse cheques regalos cun valor total de 3.000 euros que destinará o Concello de Barreiros, para comprar ou consumir nos establecementos locais asociados a esta iniciativa.

Para participar é necesario inscribirse a partir do 17 de decembro en https://maiskmsbarreiros.com.

Para os establecemento interesados en asociarse, haberá que poñerse en contacto no número de teléfono 680 913 904 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou a través do correo electrónico tecnicadeportiva@concellodebarreiros.gal, antes do 27 de decembro do 2020.