Skip to main content
ActualidadeFoz

O Centro de Día Aloumiños de Foz organiza un concurso de debuxo ou relato

Por 18 Decembro, 2020Sin comentarios

O Centro de Día Aloumiños de Foz organiza un concurso de debuxo ou relatoO Centro de Día Aloumiños de Foz xunto co Servizo de Axuda no Fogar Aloufogar veñen a presentar o seu concurso de debuxo ou relato, Nenos e maiores co obxeitvo de sensibilizar ás nenas e nenos co trato e coidado das persoas maiores como os beneficios da súa relación cos seus avós.

O concurso consiste en presentar un debuxo ou un relato, a elixir, sobre “como te ves cando sexas unha persoa maior?”. O debuxo presentarase nun DIN-A4 e o relato, ata  un máximo de 2 páxinas en DIN-A4, en galego ou castelán. Haberá 3 categorías, segundo  idade, de 6 a 9, de 10 a 12 e de 13 a 16 anos. Cada categoría terá 3 premios.

Para participar, presentará o seu traballo xunto cunha folla de inscrición, a cal  atoparán no Facebook do propio concurso Nenos e maiores. Poderán presentalo ata o luns, 21 de este mes na Librería Bahía ou en Cenor Belianorte, de Foz; ou ben, enviando  por correo ordinario ao Centro de Día Aloumiños sito na rúa Corporacións, 52 de de Foz.