Skip to main content
ActualidadeCervoDeportes AMARIÑAXA

Rematan as obras de mellora das pistas de pádel de Cervo

Por 21 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo rematou os traballos de mellora das dúas pistas municipais de pádel situadas no Complexo Deportivo da Veiga.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata as instalacións para supervisar o resultado dos traballos, que tal e como explicaron, “consistiron en cubrir a pista que carecía de protección; e en pechar as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, co que cremos que as condicións de xogo mellorarán substancialmente, podendo utilizar as pistas sexa cal sexa a situación meteorolóxica; algo que ata o de agora tiña as súas limitacións”.

A obra contou cun orzamento total de 60.000 euros, dos cales o 65% está aportado pola Xunta de Galicia, a cargo da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Anunciaron que desde mañá luns, 21 de decembro, na Casa do Concello, xa se poden reservar as pistas renovadas e adaptadas para a práctica dunha actividade deportiva que día a día gaña adeptos.