Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela contará con varias citas culturais estes días

Por 24 Decembro, 2020Sin comentarios

Burela contará con varias citas culturais estes díasA Concellería de Cultura de Burela programa para os vindeiros días de Nadal, a actuación da charanga Louband, que terá lugar o 25 de decembro.

O 26 ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal proxectarase de novo o documental Honra, de Breixo Llano, Xabi Piñeiro e Adrián Canoura que conta o ascenso do Cefire Burela á División de Honra no ano 1999. A entrada será de balde e a reserva de butaca pódese facer mandando un correo cos datos persoais a documentalhonra@gmail.com.

Ademais o domingo 27 ás 19:30 horas, tamén no Auditorio Municipal, Katarsis Teatro representará Malas palabras, protagonizada por Estíbaliz Veiga, en homenaxe a Carvalho Calero a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Tamén, ata o día 5 de xaneiro seguirá desenvolvéndose o xogo infantil interactivo Burela salva o Nadal.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciu que “este 25 de diciembre, día de Navidad, tendremos en Burela la actuación, por las calles de nuestro pueblo, de la charanga Louband. En principio estaba previsto que viniera la charanga NBA, pero no pudieron reunir a todos sus componentes, y entonces tuvimos que buscar una alternativa. En este caso traemos otra charanga de las buenas, de las más divertidas y con más calidad que tenemos en Galicia. Estarán amenizando las calles de Burela ese día de Navidad que, entre la pandemia y que tampoco se pueden programar grades eventos que convoquen a mucha gente en un único sitio, nos parece una alternativa bastante buena”.