Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Motoclub Al Corte de Ribadeo entrega alimentos e xoguetes a Cruz Vermella

Por 24 Decembro, 2020Sin comentarios

Motoclub Al Corte, de Ribadeo, entregou á Cruz Vermella os alimentos e xoguetes que recolleron durante a sexta edición da Papanoelada Moteira, que celebraron este pasado domingo, día 20.

Os representantes de Motoclub Al Corte explican que “a Cruz Vermella será quen reparta os alimentos entre as familias ribadenses que máis o necesiten. E a voluntaria Antía encargarase de enviar os xoguetes ó taller de Papá Noel, no Polo Norte,  para que el e os elfos os reciclen e os convertan en xoguetes novos para outros nenos e nenas”

Para rematar destacan que “grazas á solidariedade dos que entregaron alimentos e xoguetes outras familias serán un chisquiño máis felices este Nadal”.