Skip to main content
A Pontenova

Concerto e conferencia de Germán Díaz na Pontenova

Por 25 Decembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

O sábado 26 de decembro o músico Germán Díaz realizará un concerto e máis unha conferencia didáctica sobre a zanfona e outros instrumentos de manivela na Pontenova.

A actuación, organizada pola Asociación Eco das Minas, comezará ás 20.00 horas na casa da cultura.

Para garantir a seguridade dos asistentes e das asistentes o aforo será limitado e será preciso dar o número de teléfono a entrada.