Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O Goberno convoca a Alcoa a unha nova negociación

Por 29 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A xornada de onte acolleu unha nova reunión da mesa multilateral creada polo futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. As partes participantes concluíron na necesidade de facer unha convocatoria oficial por parte do Goberno para retomar as negociacións, que non conseguiron chegar a bo porto en setembro. Na reunión, que foi telemática, participaron sindicatos e patronal así como representantes dos gobernos estatal e autonómico.

Esta convocatoria é unha proposta do comité de empresa, que busca “unha saída negociada” e retomar as negociacións onde se deixaron.

El presidente do comité, José Antonio Zan, confía en que a reunión “chegue a bon porto” e asegurou que se “valorarán todas as opcións que hai se Alcoa accede a sentarse a negociar”, deste modo considerarían a suspensión da folga indefinida que impide a saída e entrada de material na fatoría e que está a xerar grandes perdas económicas.

O Goberno anunciou que a convocatoria oficial se realizará ao longo do día de hoxe e poder establecer como data de reunión a segunda semana do 2021. Pola súa banda, Alcoa manifestou a súa intención de continuar co diálogo con todas as partes implicadas.