Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Comesaña confirma que o centro de saúde de Mondoñedo terá fisioterapia

Por 30 Decembro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A tenente de Alcalde de Mondoñedo e deputada no Parlamento de Galicia, Elena Candia, foi informada pola Xunta dos avances no proceso para que o centro de saúde de Mondoñedo conte cun espazo para albergar os servizos de fisioterapia.

Segundo lle trasladou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Elena Candia nunha reunión, a Xunta xa adxudicou o pasado 18 de decembro o contrato do proxecto de obra para a implantación dunha sala de fisioterapia neste centro de saúde.

A obra consistirá na instalación dunha sala de exercicios con tres boxes de tratamentos para electroterapia, microondas e ondas de choque, e o resto da sala para a localización de dúas padiolas de tratamentos, dous ergonómetros, unha mesa de mans, unhas espalderas de 1 metro, paralelas, escaleira con rampla e resto de material, así como dous aseos adaptados con vestiario con 6 cabinas cada un. Ao non dispoñerse de consulta para a fisioterapeuta dispoñerase no ximnasio dun posto administrativo con conexión a rede corporativa.

A empresa adxudicataria do contrato deberá entregar en xaneiro o proxecto e, unha vez supervisado polo SERGAS, poderá licitarse a obra, cun orzamento estimado duns 50.000 €.

Elena Candia agradece así o compromiso firme do Goberno galego na mellora dos servizos públicos para o municipio. E é que, tal e como subliña a presidenta provincial, esta adxudicación vén a dar resposta a unha demanda dos veciños.