Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A provincia despide o ano cun novo repunte da covid

Por 31 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo despedirá o ano cun empeoramento das cifras de expansión do coronavirus. Así, por segundo día consecutivo volven aumentar os casos activos, ata 444, 14 máis que onte (onte foron 33 máis). Este aumento é debido a sumar 50 novos positivos (onte foron 50) e 35 altas (onte foron 17).

Quedan así un total de 7.108 persoas afectadas pola covid-19 dende a orixe da enfermidade no mes de marzo, e 6.517 curados.

O número de falecidos mantense en 145, trala morte o pasado sábado dunha usuaria da residencia de Trabada.

A presión hospitalaria volve subir cun total de 18, catro máis que o mércores. En concreto, 2 permanecen na UCI (os mesmos) e 16 en unidades de hospitalización: 6 no Hula (un máis), 8 no Hospital da Mariña (tres máis) e 2 no Hospital de Monforte (os mesmos).

A situación na Mariña continúa a ser preocupante especialmente en Xove, onde foron detectados 67 casos nos últimos quince días. Malia que es unha incidencia elevadísima esta reduciuse con respecto á xornada anterior xa que só subiu dous casos máis. Mentres en Viveiro, estabilízase con 58 casos.

As dúas están con peche perimetral e control da hostalaría así como medidas de aforo ao estar en estados de alerta.

No resto de concellos, Burela suma catro casos máis e sobe a 16 e Ribadeo a 21, tres máis que onte.

Hoxe, só Lourenzá segue sen casos novos de covid na última quincena na Mariña.