Homenaxe en Mondoñedo á evolución da súa imprenta

O salón de plenos do Concello de Mondoñedo acolleu oute unha homenaxe á Imprenta Sucesores de Mancebo de Mondoñedo.

O homenaxeado foi Fernando López, propietario da citada imprenta, que asistiu ao acto acompañado de Jesús Robles, compañeiro de traballo na imprenta, e membros da familia do homenaxeado.

Por parte do Concello de Mondoñedo asistiu á mesma Manuel Ángel Otero Legide, alcalde; Manuel Tapia Rivera, concelleiro de Industria; Esperanza González, voceira do PSOE, e Eloi Cabanas, voceiro do BNG . Por parte da Aciam asistiu o seu presidente, Ángel Marful Castañal.

Tras do acto no Concello, tivo lugar unha visita ao Museo da Imprenta na que o homenaxeado levou a cabo unha explicación precisa das máquinas que garda o mesmo, do uso das tipografías e doutros aspectos expostos no museo. Neste mesmo acto, o alcalde, fíxolle entrega dunha Catedral de Mondoñedo en cerámica de Sargadelos, como agasallo pola conmemoración do acto.

HISTORIA DA IMPRENTA

Mondoñedo foi pioneiro na imprenta en Galicia, sendo a segunda cidade que contou con ela. Nesta cidade tamén se imprimiu un incunable en 1495, titulado Breve Forma de Confesión, escrito por Alonso de Madrigal.

O momento de maior esplendor da imprenta na cidade foi o século XIX e a primeira metade do século XX cun gran número de talleres en funcionamento. Con edición de xornais e revistas así como pasquíns de todo tipo.

A homenaxe a esta institución Imprenta Sucesores de Mancebo enmárcase na conmemoración dos 150 anos desta empresa en funcionamento en Mondoñedo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: