O Viveiro fíxose co Trofeo Emma Cuervo

O Viveiro fíxose co Trofeo Emma CuervoO Viveiro proclamouse campión do LXIX Trofeo Emma Cuervo, tras vencer por 2 goles a 1 ao Compostela. O partido disputouse no novo céspede do estadio municipal Pepe Barrera, ao que acudiron ducias de afeccionados, ata un máximo de 280, que era o límite de aforo decretado polo protocolo covid da Xunta de Galicia.

Foi o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o encargado de entregarlle o Trofeo Emma Cuervo a Álex Meitín, capitán do Viveiro CF; e o xefe provincial de Deportes, Manuel Otero, fixo o propio coa SD Compostela.

Representantes da Federación Galega de Fútbol, do Concello de Ribadeo, doutros clubs mariñáns ademais da directiva do Ribadeo FC, organizador do evento deportivo, asistiron ao encontro celebrado nesta fría tarde de inverno.

Coa celebración do Emma Cuervo 2020 estrouse o céspede do Pepe Barrera. A inauguración farase cando o público poida asistir noutras condicións, non agora coas que veñen marcadas pola pandemia.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: