Skip to main content
CervoCultura AMARIÑAXA

Ourizo de Cervo, unha primavera con sabor

Por 1 Xaneiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

CERVO ourizo3 O ourizo de mar, ou Paracentrotus  lividus, pertence á familia dos  equinodermos, que se caracteriza por ser especies  bentónicas, é dicir, posuír espiñas móbiles e pel  ambulacrales que lles permiten desprazarse polos fondos mariños de maneira moi lenta.

Os meses de febreiro e marzo son os indicados para capturar este preciado produto gastronómico que, de recibir escasa atención ao principio, pasou a significar unha exquisitez polo seu sabor, e unha importante fonte de ingresos para a comarca da Mariña Occidental.

A abundancia destos animais nas augas da Mariña lucense converte ao concello de Cervo nunha das capitais galegas do ourizo, máis aínda desde que naceu en 1992, na parroquia de San Cibrao, unha festa gastronómica para dar a coñecer este produto e promocionar a riqueza cultural, paisaxística e gastronómica do lugar.

Para a festa dedicada a este apreciado  equinodermo, que constitúe a base de diferentes receitas, é necesario recoller os ourizos os días previos, para poder comelo frescos ou cocidos, con apio nabo, con wasabi, con mango, con algas, con guacamole, con pomelo e ata con chocolate.

Eso si, só valen exemplares recollidos como moito tres días antes.

Con motivo da Festa do Ourizo chegan a consumirse preto de 8.000 quilos deste equinodermo en bares e restaurantes da vila prepárano de diferentes formas: croquetas, empanada, tortilla, ao natural, cocidos,  pudin… para que o público poida degustalo nun ambiente festivo amenizado por un grupo de  gaiteiros que percorre os establecementos onde se serve este preciado manxar.

Desde 2001 desenvólvense unhas xornadas técnicas sobre o ourizo de mar, que pretenden profundar en coñecemento deste produto, e desde 2002 celébrase un concurso gastronómico no que participan hostaleiros que colaboran no evento.

A festa, declarada en 2008 de Interese Turístico Gallego, celébrase anualmente entre finais de febreiro e principios de marzo, xa que a tempada ideal para degustar os ourizos de mar sitúase entre xaneiro e marzo.