O Reis Magos visitarán Cervo e San Ciprián mañá

O programa de Nadal elaborado polo Concello de Cervo continúa desenvolvéndose coas Súas Maxestades de Oriente que, como non podería ser doutro xeito, non faltarán este ano á súa tradicional cita cos pequenos de Cervo.

Estarán mañá, 5 de xaneiro, na casa da cultura en San Ciprián de 16:00 a 19:00 horas, e no salón de actos da casa do Concello, a partir das 19:30 horas, onde tamén haberá unha actuación infantil da man da asociación Airiños do Xunco.

A recepción dos Reis Magos realizarase por quendas e baixo un estrito protocolo de seguridade e hixiene.

A programación chegará ao seu final o día 7 de xaneiro cunha sesión de cine infantil na casa da cultura de San Ciprián, a partir das 18.30 horas.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: