Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A covid descontrólase en Viveiro e segue subindo na provincia

Por 5 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A situación empeora na provincia de Lugo e especialmente na Mariña. De feito, volven aumentar os casos activos ata os 531, 24 máis que fai 24 horas, (onte foron 14) xa que nas últimas horas rexistráronse 46 contaxios novos (onte foron 57) mentres que as altas chegan ás 6.649, 20 máis que onte (o día anterior foron 36).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.328 casos rexistrados e 145 persoas falecidas. Aínda que non está contabilizado todavía o luns á tarde faleceu unha muller procedente da residencia San Bartolomeu de Xove que estaba ingresada no Hospital de Ourense.

Aínda que a UCI quedou baleira hai dous días a presión hospitalaria en planta mantense en 17: 5 no Hula (1 máis), 9 no Hospital da Mariña (un menos) e 3 no Hospital de Monforte (os mesmos).

A situación na Mariña empeora nos concellos da costa. Xove continúa co seu aumento de casos tras diferentes cribados e xa son 79 os casos acumulados nos últimos quince días, tres máis que onte. En Viveiro, que estaba a estabilizarse, volve subir dnado outro salto importante ao chegar a 78 casos, 14 máis que onte.

Os dous concellos están con peche perimetral e control da hostalaría así como medidas de aforo ao estar en estado de alerta.

Burela tamén empeora con dous casos novos máis e chega aos 27 contaxios, 2 máis que hai 24 horas. Ribadeo sobe un máis ata os 29 e Foz mantense en dez.

O resto de concellos mariñaos teñen moi baixa a incidencia e Lourenzá e Barreiros son os únicos onde non houbo casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia, Vilalba dá un xiro e volve a rexistrar un aumento de casos mentres Xermade e As Pontes seguen en cifras discretas tras retirar o Sergas o estado de alarma no mesmo. O municipio de Lugo volve subir dos cen casos.

Tamén continúa o proceso de vacinación nos centros de maiores da provincia.