Abriu a mostra de lápida funerarias na igrexa de Rinlo

Abriu a mostra de lápida funerarias na igrexa de RinloA igrexa parroquial de Rinlo acolle este mes a exposición de  fotografías de placas e lápidas da igrexa e o cemiterio locais. A mostra, preparada por Rosana Posada Expósito, reúne un conxunto de fotografías de epitafios e de placas colocadas na igrexa con dous motivos difentes: a restauración dunha embarcación exposta no templo e a homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín, que exerceu nesta parroquia de Ribadeo durante trinta e nove anos, entre 1954 e 1993.

A embarcación fora construída en 1871, por iniciativa do mariñeiro local Eleuterio Posada, e, unha vez transcorrido case século e medio, foi restaurada por iniciativa das familias de tres dos seus bisnetos (José, Cayetano e Benigno) no pasado ano 2002. Pola súa parte, o sacerdote -orixinario de Melide- deixou en Rinlo os beneficios dun intenso traballo de educación social orientado ao desenvolvemento económico da localidade.

A mostra, que leva por título Palabra e memoria de Rinlo, pode visitarse todos os domingos de xaneiro despois de misa (10.45) e para visitas noutros momentos hai que solicitalo no teléfono 672 434 197.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: