Esgotadas nunhas horas os últimos abonos do Resurrection Fest

Esgotadas nunhas horas os últimos abonos do Resurrection FestA organización do Resurrection Fest esgotou nunhas horas os últimos abonos que quedaban para a próxima edición do festival, que terá lugar fo 2 ao 5 de xuño, sempre que a situación sanitaria o permita.

Polo momento non haberá venda de máis entradas diarias debido a que non se produciron devolucións da edición do 2020. Si poñerán á venda proximamente o mércores para a warm- up e poder gozar así de Sabaton, Caliban e compañía.

Para os censados en Viveiro, máis adiante tamén haberá un lote de entradas á venda.

Os organizadores lembran que o Resucamp segue esgotado (non houbo devolucións), pero no Beachcamp e no Glamping aínda hai prazas que se poñerán á venda en próximas sesións.

 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: