Skip to main content
ActualidadeCervo

Amigos da Troula entregou alimentos e agasallos ás familias necesitadas

Por 7 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A asociación mariñá Amigos da Toula, responsable do Callo Fest, fixo entrega este Nadal dos alimentos e agasallos para as familias con menos de recuros.

Esta acción solidaria foi realizada en colaboración co GES e co Concello de Cervo, e fíxose en dúas veces diferenciadas, xusto antes de Nadal e no día anterior a Reis.

“O día de Reis é un dos días máis agardados do ano polos pequenos e pequenas da casa. Por este motivo desexamos que estos xoguetes e alimentos aporten un pequeno gran de area a esas familias que o están a pasar mal durante estas datas”, explicaron.