Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

Píscore actuará este sábado no Vicedo

Por 7 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado, 9 de xaneiro, ás 18.30 horas, Píscore deleitará ao Vicedo na Casa da Cultura cun espectáculo que desbalde autenticidade: “Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante”.

Os catro artistas achegarán aos mariñaos “música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público”.

O espectáculo foi aprazado do pasado sábado 26 de decembro. A entrada para poder gozar da actuación será de balde pero, para garantir a seguridade de todos e todas, o aforo está limitado a un total de 60 prazas das 236 butacas dispoñibles.