Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo entrega as axudas para material escolar

Por 8 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de entregar as axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil, que se imparte no CEIP Península da Paz e no CEIP de Cervo. Deste xeito cúbrese este tramo educativo, que era o único que non contaba con ningún tipo de axuda pública.

A edil de Educación, Dolores García Caramés, explicou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 8.000 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros en función da renda familiar”.

Esta liña de axudas súmase a outras que o Concello de Cervo convoca cada ano en beneficio das familias e da educación, como é o caso das axudas de transporte, ou as axudas ás ANPAS e aos centros escolares, que se entregaron ao longo do mes de decembro.