Skip to main content
ActualidadeFoz

O Concello de Foz abonará as expropiacións do paseo de Malates

Por 11 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz abonará as expropiacións do paseo de MalatesO Concello de Foz ten convocado para o próximo día 26 de xaneiro, ás 10.00 horas, no salón de plenos do Concello, o acto para efectuar o pago das expropiacións dos terreos que se utilizarán para facer o paseo de Malates.

En total, o Concello de Foz destinará a esta medida un total de 28.000 euros.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explicou que estas expropiacións veñen da época na que José María García Rivera era alcalde de Foz e que o goberno de Castiñeira non foi quen de facelas efectivas “polo que non paralizamos ningún trámite”.

CONTESTACIÓN AO PP

O alcalde defendeuse así das acusacións verquidas polo Partido Popular de “parálise administrativa” asegurando que axilizar os trámites administrativos foi unha das súas prioridades e que para iso contratouse unha asesoría externa e activouse a licitación electrónica.

Cajoto recoñeceu que aínda non están renovados os contratos de abastecemento de auga e do SAF asegurando que se está avanzando na tramitación pero son procesos lentos.

Sobre o retraso en cubrir as dúas vacantes de Policía, o alcalde asegurou que está aprobada a firma dun convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública para cubrir as prazas pero que esta aínda non convocou os exames.