A incidencia do covid segue aumentando en Viveiro e estabilízase no resto da Mariña

Mentres continúa o proceso de vacinación, a situación epidemiolóxica na provincia de Lugo continúa a alza, aínda que de forma máis lenta que nos últimos días. Deste modo temos hoxe 810 caso activos, 32 máis nas últimas 24 horas ata chegar a 778 (onte foron 27), xa que nas últimas horas rexistráronse 38 contaxios novos (onte foron 50) mentres que as altas chegan ás 6.815, 13 máis que o venres (o día anterior foron 29). Deste todos os xeitos ralentízase o ritmo de contaxios e de casos activos, unha tendencia que xa asomaba na xornada de onte.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.777 casos rexistrados e 148 persoas falecidas, aínda que o número de persoas é maior xa que varios veciños morreron en hospitais doutras áreas. De feito, dous reisdencias do asilo de Ribadeo que foran trasladados a Santiago, morreron no día de onte.

E é que a presión hospitalaria volve subir. Sae un dos pacientes da UCI do Hula, polo que quedan dous, e rexistran catro hospitalizacións máis en planta con 8 no Hula (3 máis), 13 no Hospital da Mariña (un máis) e 4 no Hospital de Monforte (un máis).

A situación na Mariña segue descontrolada Viveiro con 179 contaxios na última quincena, 15 en 24 horas. Na cidade do Landro realizaron un cribado masivo da poboación polo que as cifras seguen aumentando. Xove que tivo o seu pico nos 107 casos acumulados en quince días, mantense no 101 por segundo día consecutivo, pero aínda é pronto para falar de ter controlada a situación neste municipio, que ten un dos máis altos de incidencia por habitante da provincia.

Burela suma dous casos máis e ponse en 47, mentres Cervo mantén os mesmos 18 de onte e Ribadeo en 21. O resto de concellos mariñaos teñen moi baixa a incidencia e só Lourenzá se mantén sen casos novos de covid na última quincena.

Na Terra Chá, o gromo da Pastoriza estabilízase sen casos novos na última xornada mentres en Vilalba a situación segue estable. En Chantada e Monforte están tamén estabilizados en 18 e 23 casos, respectivamente, e Lugo sobe ata 113.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: