Skip to main content
ActualidadeBarreiros

Asinado un convenio para mellorar o SAF de Barreiros

Por 12 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de mellorar o Servizo de axuda no fogar (SAF) no municipio mariñao. Froito deste acordo, a Deputación investirá 20.000 euros que se destinarán á adquisición de novo material para prestar un servizo de maior calidade e facilitar a atención aos usuarios e usuarias do SAF. En concreto, mercarase material ortoprotésico novo (andadores, muletas e cadeiras de rodas) que se dirixirá na súa maioría aos usuarios do servizo. O Concello de Barreiros xestiona este material mediante un sistema de préstamo, evitando así que as familias teñan que afrontar gastos sobrevidos.

Outra parte dos fondos destinarase á renovación do material ofimático para favorecer unha prestación máis áxil dos trámites demandados coas distintas administracións (tramitación de expedientes e solicitudes) que a día de hoxe se teñen que facer a través de medios electrónicos.

O SAF de Barreiros presta atención a día de hoxe a 67 persoas, non existindo listaxe de agarda, e nel traballan 22 auxiliares.