A situación empeora na provincia coa alerta en Viveiro, Burela e O Vicedo

A situación epidemiolóxica na provincia de Lugo empeora de forma alarmante nas últimas 24 horas ao acadar os 890  casos activos, 80 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 32), xa que se rexistrron neste tempo 90 contaxios novos (onte foron 38) mentres que as altas chegaron ás 6.838, 23 máis que o martes (o día anterior foron 13). As cifrras ofrecen unha visión da provincia alonxada da idea de control do virus das últimas dúas xornadas.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.881 casos rexistrados e 148 persoas falecidas, aínda que o número de persoas é maior xa que varios veciños morreron en hospitais doutras áreas.

E é que a presión hospitalaria volve subir. A UCI do Hula acolle dous pacientes máis, polo que xa son 4 os ingresados, mentres rexistran tres hospitalizacións máis en planta con 9 no Hula, 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte, un máis en cada centro.

COMARCA

Na comarca mariñá a situación non mellora. Viveiro segue descontrolado e acada os 193 casos, unha vez sumados os positivos do cribado do domingo. Polo tanto e tras as altas, a cidade do Landro suma 14 en 24 horas.

A boa noticia é para Xove, que tivo o seu pico nos 107 casos acumulados en quince días, continúa amainando e baixa a 82 casos, 19 menos que onte.

En Burela continúa o lento crecemento do virus con 5 casos máis nun total de 52, mentres Cervo mantén os mesmos 18 dos últimos dous días e Ribadeo, tras varios días baixando lentamente, sobe un caso máis ata 22. Preocupa O Vicedo, que ten 12 casos activos, unha porcentaxe moi alta para o seu volume de poboación.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e só Lourenzá se mantén sen casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia, A Pastoriza segue co seu gromo activo e aumenta ata os 73 casos mentres Vilalba segue sen dobregar a curva e Muras continúa unha subida lenta. En Chantada e Monforte soben en 19 e 31 casos, respectivamente, e Lugo aumenta ata 126. Tamén entra de novo Sarria, con 15.

O comité clínico podería cambiar na xornada de hoxe as restricións para o conxunto de Galicia tras unha reunión e a recomendación de Feijoo de acurtar os horarios da hostalaría, pechando toda ás seis da tarda e que o número de persoas reunidas sexa de catro.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: