Cancelan a concentración de motos do Valadouro prevista para maio

O Moto Club Valadouro informou da cancelación da súa habitual concentración de motos, que este ano chegaba á súa XXV edición e que estaba prevista para a fin de semana do 7 ao 9 de maio nesta localidade mariñá.

O programa, que segue unhas liñas xerais todos os anos, estaba previsto arrincalo ás 21.00 horas do venres cunha cervexa de benvida seguida dunha pinchada e un concerto para rematar a ducia de actividades tralo xanter do domingo.

No programa figuraban diferentes actividades como mercado, rutas, exhibicións acrobáticas  e ruttas.

Finalmente a situación provocada pola covid impide a súa celebración.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: