Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A provincia empeora rapidamente axudada polo descontrol do virus na Mariña

Por 14 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo segue co efecto das festas de Nadal e continúa a empeorar as súas cifras en todos os ámbitos. Os casos activos volven estar camino dos mil, situados este xoves en 945, 55 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 80), xa que se rexistrron neste tempo 97 contaxios novos (onte foron 38) mentres que as altas chegaron ás 6.881, 43 máis que o mércores (o día anterior foron 23). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.980 casos rexistrados e 149 persoas falecidas, trala morte dun usuario da residencia da Pastoriza.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir. A UCI do Hula acolle un pacientes menos (son 3) pero rexistran tres hospitalizacións máis en planta con 12 no Hula (3 máis), 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte.

COMARCA

Na comarca mariñá a situación empeora no occidente. Viveiro chega aos 226 casos, 33 máis que onte, unha vez sumados os positivos do cribado do domingo. Xove, que levaba varias xornadas estabilizado tras acadar o seu pico nos 107 casos acumulados en quince días, e chega aos 113 casos, 31 máis que onte.

Burela estáncase con 52 e Cervo con 18. Ribadeo, tras romper a tendencia á baixa cun pequeno repunte, hoxe recupera cifras de descenso e chega aos 19 casos, tres menos que onte. Preocupa O Vicedo, que ten 12 casos activos, unha porcentaxe moi alta para o seu volume de poboación.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e só Lourenzá se mantén sen casos novos de covid na última quincena.

No zona máis próxima, a Terra Chá, a situación está estabilizada con Vilalba e A Pastoriza en alerta pero crecendo de forma moderada. No sur, un novo gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada sobe tamén. Lugo, contrariamente á corrente destes días, diminúe.