Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Os clubs de piragüismo da comarca reciben unha achega

Por 14 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Sete clubs de piragüismo da provincia firman un convenio coa Deputación que lles permitirá o financiamento de actividades de promoción deste deporte nos centros educativos, asesoramento técnico a clubs e deportistas a través de visitas e concentracións e a organización de xornadas e cursos de formación para o persoal técnico dos clubs.

As actividades desenvólvense ao longo do ano coa implicación dos sete clubs da provincia, Club Fluvial de Lugo, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piraguismo de Viveiro, Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Altrúan (Ribadeo) e Club de Montaña Quixós (Monforte), con máis de 500 padexeiros e padexeiras federadas en total.

O ente provincial achega 96.000 euros para o desenvolvemento destas actividades, incrementando en 11.000 euros a cantidade investidas nas últimas anualidades.