Skip to main content
ActualidadeViveiro

Viveiro acolle unha mostra de debuxos de Joaquín Sabina

Por 14 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O complexo Regal Xunqueira de Viveiro acolle durante o primeiro semestre deste ano a exposición Garagatos, unha colección de debuxos realizados polo cantautor Joaquín Sabina.

As pezas que se expoñen forman parte dun traballo máis amplo que consta de dous libros de grande formato que aúnan imaxes e bocetos do cantautor inspirados en temáticas como a muller, a Semana Santa ou os touros. Foi unha edición limitada de 4.498 exemplares, que se venderon a un prezo de 2.100 euros cada un. Os debuxos, que o artista realiza a modo de divertimento, teñen moito dos ambientes e personaxes que aparecen nas súas cancións e poemas pero tamén do seu propio mundo interior.

A mostra Garagatos permanecerá nas instalacións de Regal Xunqueira ata o vindeiro 1 de xuño. Pode visitarse de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 horas e entre as 15.00 e as 17:00 horas. Tamén se pode ver os sábados polas mañás concertando cita no teléfono 664.543.103.