Skip to main content
ActualidadeCervo

O Sanci Tapeando deberá aprazarse polo adianto do peche da hostalaría

Por 15 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

Tras dúas citas, o programa Sanci Tapeando deberá aprazarse unha vez máis debido ao cambio na normativa da Xunta que obriga ao peche da hostalaría ás 18.00 horas.

Esta iniciativa consiste na degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros de San Ciprián todos os xoves do mes.

Este mes xa se celebraron dúas citas pero o resto, previstas para os días 21 e 28, deberán pospoñerse.
Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.